Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 18 de setembro de 2014 Páx. 41556

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

EDICTO (476/2013).

María José Núñez Abeledo, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Autos Galicia, S.L. fronte a José López Fernández ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución é o seguinte:

Sentenza 41/2014.

Xuíza que a dita: Freire Calvo.

Lugar: Lugo.

Data: dezasete de febreiro de dous mil catorce.

Demandante: Autos Galicia, S.L.

Avogado: Javier Latorre Rodríguez.

Procurador: Carlos Cabo Silva.

Demandado: José López Fernández.

Procedemento: procedemento ordinario 476/2013.

Vistos por Ana Freire Calvo, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo, os presentes autos de xuízo ordinario nº 476/2013-E, seguidos por instancia da sociedade Autos Galicia (Agacart), representado polo procurador Sr. Carlos Cabo Vila, baixo a dirección letrada de Javier Latorre Rodríguez, contra José López Fernández, en situación de rebeldía procesual.

Resolución

Estímase integramente a demanda interposta por Autos Galicia (Agacart), representado polo procurador Sr. Carlos Cabo Vila, baixo a dirección letrada de Javier Latorre Rodríguez, contra José López Fernández, en situación de rebeldía procesual, polo que se condena a José López Fernández a pagar á demandante a cantidade de 6.848,67 euros, incrementada cos xuros legais moratorios desde a interposición da demanda (23.5.2013) ata a sentenza e os moratorios procesuais ata o seu completo pagamento; con condena en custas á parte demandada.

Líbrese testemuño desta sentenza e lévese aos autos da súa razón, quedando o orixinal arquivado no libro de sentenzas civís do xulgado. Notifíquese esta ás partes e ao Ministerio Fiscal, coa advertencia de que non é firme e que contra ela cabe formular recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Lugo, o cal, de conformidade co artigo 458 da LAC, deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E encontrándose o devandito demandado, José López Fernández, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma. Dou fe.

Lugo, 3 de abril de 2014

A secretaria xudicial