Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 18 de setembro de 2014 Páx. 41555

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (6199/2012).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 6199/2012 desta sección, seguido por instancia de Margarita González Gutiérrez contra Buma Galicia, S.L., sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos:

Que estimando o recurso de suplicación interposto pola demandante Margarita González Gutiérrez, debemos revogar e revogamos a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ferrol. En consecuencia, estimamos a demanda e declaramos que o proceso de incapacidade temporal iniciado pola referida demandante en 24 de xuño de 2011 deriva de accidente laboral, e condenamos os demandados Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega, Servizo Galego de Saúde (Sergas) e a empresa Buma Galicia, S.L. a estar e pasar por tal declaración, cos efectos económicos inherentes a esta a cargo da Mutua Galega.

E para que sirva de notificación en legal forma a Buma Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG. Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xullo de 2014

A secretaria xudicial