Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 17 de setembro de 2014 Páx. 41460

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira

EDICTO (436/2013).

Xuízo de faltas número 436/2013.

Delito/falta: falta de desobediencia á autoridade ou axentes.

Que en virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, polo presente edicto notifícase a José Javier Blanco Gómez a sentenza ditada o 4 de xullo de 2013 e que consta do seguinte encabezamento e resolución:

«Sentenza:

Ribeira, 4 de xullo de 2013.

Vistos por min, Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira e o seu partido xudicial, os autos do xuízo de faltas número 436/2013 por unha falta de desobediencia á autoridade do artigo 634 do C.P., coa asistencia do Ministerio Fiscal na persoa de Cristina Margalet, no que foi parte denunciante o axente da Policía Local de Boiro número 036023, quen compareceu ao acto de xuízo por si mesmo, e parte denunciada José Javier Blanco Gómez, quen non compareceu malia estar citado en legal forma.

Decido que debo condenar e condeno a José Javier Blanco Gómez como autor dunha falta do artigo 634 do C.P. á pena de multa de 30 días cunha cota diaria de 4 euros, sendo a contía total de 120 euros, e á responsabilidade por non pagamento da multa de penas de 15 días de privación de liberdade, que pode cumprirse en réxime de localización permanente, condenándoo ao pagamento dunha indemnización como responsabilidade civil de 120 euros, cantidade que devindicará os xuros legais do artigo 576 da LAC, así como o pagamento das custas procesuais.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días seguintes á súa notificación para cuxo efecto deberá presentarse no devandito prazo escrito expoñendo as razóns en que se funde o recurso e que deberá tramitarse conforme o disposto nos artigos 790 a 792 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta a miña sentenza, da que se levará certificación ás actuacións orixinais, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola xuíza que a subscribe, estando a celebrar audiencia pública no mesmo día da súa data. Dou fe».

Para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto do que dou fe.

Ribeira, 21 de agosto de 2014

O/a secretario/a xudicial