Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 17 de setembro de 2014 Páx. 41459

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira

EDICTO (201/2013).

Xuízo de faltas nº 201/2013.

Delito/falta: furto (condutas varias).

Que en virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, polo presente edicto notifícase a Francisco Tomé Sampedro a sentenza ditada o 23.12.2013 e que consta do seguinte encabezamento e resolución:

«Sentenza:

Ribeira, 23 de decembro de 2013

Vista por min, Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira e o seu partido xudicial, en audiencia pública, a presente causa de xuízo de faltas por unha falta de furto do artigo 623.1 do C.P., coa intervención do Ministerio Fiscal na persoa de Ana Mª Robles, sendo a parte denunciante Manuela Rey Parada, quen compareceu por si mesma, e parte denunciada Francisco Tomé Sampedro, quen non compareceu malia estar citado en legal forma.

Decido que debo condenar e condeno a Francisco Tomé Sampedro como autor dunha falta de furto do artigo 623.1 do C.P. á pena de localización permanente de 8 días e ao pagamento dunha indemnización de 249 euros, cantidade que devindicará os xuros legais do artigo 576 da LAC, condenándoo igualmente ao pagamento das custas procesuais.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación no prazo de cinco días seguintes á súa notificación para cuxo efecto deberá presentarse no devandito prazo escrito expoñendo as razóns en que se funde o recurso e que deberá tramitarse conforme o previsto nos artigos 790 a 792 da Lei de axuizamento criminal.

Así por esta a miña sentenza, da que levará certificación ás actuacións orixinais, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para a súa publicación en el Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto. Dou fe.

Ribeira, 21 de agosto de 2014

O/a secretario/a xudicial