Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 11 de setembro de 2014 Páx. 38362

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 27 de agosto de 2014 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/16/2013, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu interesado ausente na repartición.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo, DOG núm. 59, do 27 de marzo), o día 1 de agosto de 2014 ditou a resolución pola que se require a Luís María Cobas Alfonso para que no prazo de tres meses axuste as obras de construción dunha vivenda unifamiliar de planta soto, planta baixa, planta primeira e baixo cuberta, e un muro, na Subida ao Rial, barrio do Rial, parroquia de Panxón, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra, ao proxecto visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia con data do 13 de novembro de 2003, que obtivo a licenza outorgada pola Alcaldía do Concello de Nigrán o 7 de xaneiro de 2004. Así mesmo, apercibir o obrigado de que se transcorrido o prazo de tres meses desde a notificación deste requerimento ao interesado non axusta as obras ás condicións sinaladas na licenza, acordarase a demolición das obras non amparadas naquela a custa do interesado e procederá a impedir definitivamente os usos aos que desen lugar, conforme o disposto no
artigo 209.5 da LOUG.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Luís María Cobas Alfonso, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística