Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 11 de setembro de 2014 Páx. 38360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 2 de setembro de 2014 polo que se notifica a resolución ditada no procedemento sancionador PSC/2014/01 en materia sanitaria.

O 4 de xullo de 2014 a conselleira de Sanidade ditou a resolución pola que se impón a Jesús Devesa Múgica, NIF núm. 35944826N, unha sanción pecuniaria, tras a instrución do procedemento sancionador PSC/2014/01 por infracción en materia sanitaria.

Ao non poderse practicar a notificación persoal da dita resolución, intentada no enderezo designado para tal efecto, logo do seu envío a través do servizo de Correos, de Postal Express e por burofax, e tras ser devolta, notifícaselle a citada resolución ao interesado por medio deste anuncio, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, LPAC).

Tendo en conta que, en atención ao disposto no artigo 61 LPAC, o acto notificado non se publica na súa integridade, senón unha breve indicación do seu contido no anexo, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, durante o prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Desde o día da comparecencia do interesado na antedita unidade administrativa ou do vencemento do dito prazo, a notificación entenderase producida.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da LPAC, co obxecto de que proceda á súa exposición no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución obxecto de notificación, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que con carácter previo e potestativo poida presentar recurso de reposición ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte a aquel en que se producise a notificación, segundo o previsto nos artigos 116 e 117 da LPAC.

No caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta, de acordo co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG núm. 235, do 5 de decembro), nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, a través do seu correspondente ingreso en calquera das oficinas colaboradoras, mediante o modelo impreso que se lle facilitará na Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2014

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Número do expediente: PSC/2014/01.

Interesado: Jesús Devesa Múgica.

NIF: 35944826N.

Último enderezo coñecido: Travesía de Montouto, 24, Cacheiras 15883 Teo (A Coruña).

Sanción imposta: cento vinte mil euros (120.000 €).