Grabiel Lestón Romero solicita unha modificación substancial por ampliación de uso de expedición da concesión administrativa de ocupación de superficie de dominio público portuario para a construción dunha nave con destino ás instalacións de manipulación, depuración e cetaria de pesca e marisco no porto de Portocubelo, con base na Memoria de explotación da nave almacén do porto de Portocubelo e o plano de localización e superficies.
O que se fai público, para os efectos previstos no artículo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE num. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com
A Coruña a, 23 de xuño de 2014
Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefa da Zona Centro de Portos de Galicia