Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 11 de setembro de 2014 Páx. 38365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por José Caramés Palomanes.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense tramítase o recurso 199/2014 (procedemento abreviado), interposto por José Caramés Palomanes contra a desestimación por silencio administrativo do recurso de reposición formulado fronte á Resolución do 12 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal. Categoría de técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico (DOG nº 35, do 20 de febreiro).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos