Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 11 de setembro de 2014 Páx. 38366

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2014 pola que se anuncia a licitación dun contrato de servizos (expediente 2014/4010).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica-Sección de Contratación.

2) Domicilio: Reitoría da Universidade da Coruña. R/ Maestranza, número 9, 1º andar.

3) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

4) Teléfono: +34 981 16 70 00 (extensións 1118, 1038).

5) Telefax: +34 981 16 70 20.

6) Correo electrónico: seccion.contratacion@udc.gal

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.udc.gal/contratacionadministrativa.

8) Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

*Número de expediente: 2014/4010.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: licenza Campus Standard de ORACLE.

c) Lugar de execución/entrega: Servizo de Informática e Comunicacións-Edificios Servizos Centrais de Investigación.

1) Domicilio: Campus de Elviña.

2) Localidade e código postal: A Coruña 15071.

d) Prazo de execución/entrega: dous anos.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 48600000-4.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Valor estimado do contrato: 132.900,00 euros.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 132.900,00 euros. Importe total: 160.809,00 euros.

5. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non se exixe.

Definitiva: 5 % de importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (se é o caso): os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se é o caso): os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: de luns a venres, antes das 14.00 horas del oitavo día natural que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o prazo finaliza en sábado ou día inhábil, trasladarase ao día seguinte hábil.

b) Modalidade de presentación: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade da Coruña.

2) Domicilio: Reitoría. R/ Maestranza, número 9.

3) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos criterios non avaliables de forma automática (sobre B) e dos criterios avaliables de forma automática (sobre C).

b) Enderezo: Reitoría. R/ Maestranza, número 9.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Data e hora:

1) Apertura do sobre B: o cuarto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas. Se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

2) Apertura do sobre C: a mesa de contratación comunicará, a través do perfil do contratante, o día e a hora no que terá lugar.

9. Gastos de publicidade: serán por conta das empresas adxudicatarias a pro rata.

A Coruña, 14 de agosto de 2014

P.D. sinatura (Resolución do 13.6.2012)
Mª José Brión Sobrido
Vicexerente da Universidade da Coruña