1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: S-22/2014.
2. Obxecto do contrato: subministración de ordenadores persoais para o Concello da Coruña. Duración: dous anos prorrogables por dous máis.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: 100.000,00 € anuais (IVE incluído).
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención de documentación: web municipal (Perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.
7. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata as 13.00 horas do día 23 de setembro de 2014. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no Perfil do contratante.
10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
A Coruña, 21 de agosto de 2014
P.D.
Roberto Luis Coira Andrade
Concelleiro delegado de Economía e Facenda