Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 11 de setembro de 2014 Páx. 38371

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de novo prazo de licitación (CON-4/2014).

En cumprimento da Resolución da tenente de alcalde responsable da Área de Facenda e Administración Pública, de data 5 de setembro de 2014, de anulación dos pregos reguladores da xestión indirecta do servizo público, a través da modalidade de concesión administrativa, de atención educativa e asistencial da Escola Infantil Agra do Orzán (CON-4/2014), con aprobación de novos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que deberán de rexer o procedemento, iníciase un novo prazo de presentación de ofertas, e mantense en todos os seus termos o anuncio publicado no DOG de data 18 de agosto de 2014, número 155, páxina 35692.

Según o artigo 75 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos, o prazo de presentación de ofertas será de 15 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de setembro de 2014

P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública