Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 11 de setembro de 2014 Páx. 38372

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

CORRECCIÓN de erros do anuncio de licitación do servizo de axuda no fogar.

Detectado erro no prego de cláusulas administrativas particulares e no anuncio de licitación para a contratación do servizo de axuda no fogar, publicado no BOP nº 156, do 14 de agosto de 2014; no DOG núm. 158, do día 21 de agosto de 2014, no perfil do contratante do Concello, acordouse a súa rectificación de conformidade co disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, e a publicación da corrección. Así, onde di:

«Importe por hora de axuda a domicilio en réxime de concorrencia: 12,51 euros (incluído o 8 % de IVE)»; debe dicir: «Importe por hora de axuda a domicilio en réxime de concorrencia: 12,51 euros (incluído o 10 % de IVE)».

Amplíase o prazo de presentación de ofertas en cinco (5) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio de rectificación no último dos boletíns en que apareza, BOP ou DOG, e outórgaselles a todos os licitadores que xa presentasen ofertas en prazo a posibilidade de manter as súas ofertas ou retiralas se o estiman conveniente.

Salvaterra de Miño, 21 de agosto de 2014

Arturo Grandal Vaqueiro
Alcalde