1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación. Nº de expediente: 16213-332.
2. Obxecto do contrato: descrición: xestión e transporte dos desprazamentos escolares do programa educativo Vigo por dentro, coñece a túa cidade.
Lugar de execución: Vigo.
Prazo de execución: dous anos. Prórroga: si, de 9 meses como máximo, fixándose como data límite de finalización da prórroga o día 30 de xuño de 2017.
3. Tramitación e procedemento:
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
4. Orzamento base: 150.150 euros.
5. Garantías provisionais: non se exixe.
6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non.
8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.
Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.
Admisión de melloras: si.
Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.
Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.
10. Outras informacións: –.
11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org
Vigo, 18 de agosto de 2014
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación