Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 9 de setembro de 2014 Páx. 38182

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (488/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 488/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Teresa Valiño Espido contra Salvador Beltrán Moreno, sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de resolución de contrato interpuxo Teresa Valiño Espido contra a empresa Salvador Beltrán Moreno e, en consecuencia, debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que vinculaba a demandante coa empregadora Salvador Beltrán Moreno no día desta sentenza, condenando a Salvador Beltrán Moreno ao aboamento dunha indemnización de 1.231,17 euros.

Así mesmo, debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo a demandante contra Salvador Beltrán Moreno e, en consecuencia, debo condenar e condeno o demandado a que lle aboe á demandante a cantidade de 7.269,01 euros reclamada na demanda.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Salvador Beltrán Moreno, en ignorado paradoiro, expido e asino este para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de agosto de 2014

A secretaria xudicial