Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 9 de setembro de 2014 Páx. 38183

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentenza ditada no recurso de casación 455/2012, con data do 11 de xuño de 2014, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Quinta da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, con data do 11 de xuño de 2014, recae sentenza no recurso de casación 455/2012, contra a sentenza pronunciada con data do 27 de outubro de 2011 pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no procedemento ordinario 4275/2008, interposto pola entidade Bacoriño, S.L., José Luis Vázquez Aldrey e Albino Vázquez Rodríguez. Esta sentenza, que devén firme, na súa parte dispositiva literalmente di:

«1. Que, procede o recuso de casación interposto en representación da entidade Bacoriño S.L., José Luis Vázquez Aldrey e Albino Vázquez Rodríguez contra a sentenza da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 27 de outubro de 2011 (recurso contencioso-administrativo 4275/2008), que queda agora anulada e sen efecto.

2. Ao estimar en parte o recurso contencioso-administrativo interposto por la entidade Bacoriño, S.L., José Luis Vázquez Aldrey, Albino Vázquez Rodríguez e Albino Vázquez Aldrey contra as ordes da Consellería de Política Territorial e Obras Públicas da Xunta de Galicia, de 3 de outubro de 2007 e 1 de setembro de 2008, sobre aprobación definitiva de forma parcial do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Santiago de Compostela, declárase a nulidade do referido plan xeral en canto á clasificación dos terreos dos recorrentes como solo rústico de protección ordinaria (ordenanza 15) e desestímase as demais pretensións dos demandantes.

3. Non facemos imposición das custas derivadas do recurso de casación, nin das causadas no proceso de instancia.

4. Notifíqueselles esta sentenza ás partes, informándoos de que contra ela non cabe recurso ningún, e indíqueselle á sala de instancia que a resolución terá que se publicar no boletín oficial en que se publicou no seu día o instrumento de ordenación que agora se declara nulo en parte.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2014

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo