Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 8 de setembro de 2014 Páx. 37365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2014 pola que se dá publicidade á formalización dun contrato (expediente 02/2014 SXT).

Para os efectos do previsto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), esta consellería dálle publicidade á formalización do contrato de servizo para o desenvolvemento da campaña publicitaria: «A economía de Galicia como principal impulsora do desenvolvemento e o emprego dunha terra recoñecida como “Galicia calidade” en tres eixes: internacionalización, investimento e emprendemento».

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Economía e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 02/2014 SXT.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20309

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: a creatividade, o deseño, a produción de materiais e a inserción de publicidade en diversos medios e soportes dunha campaña publicitaria de ámbito galego e nacional, para sensibilizar a poboación sobre os valores de Galicia como unha terra solvente para o desenvolvemento de proxectos e investimentos que a levarán cara ao crecemento e a xeración de emprego.

c) Lotes: 2.

Lote 1: creatividade, deseño e produción.

Lote 2: estratexia de medios e difusión da campaña.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 79.341000-6 (servizos de publicidade).

e) Acordo marco: non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

g) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 29 de marzo de 2014, BOE número 87, do 10 de abril de 2014, e DOG número 68, do 8 de abril de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato:

Lote 1: 49.586,78 euros.

Lote 2: 1.107.438,02 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Lote 1. Importe neto: 49.586,78 euros. Importe total: 60.000 euros.

Lote 2. Importe neto: 1.107.438,02 euros. Importe total: 1.340.000 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación:

Lote 1: 21 de xullo de 2014.

Lote 2: 21 de xullo de 2014.

b) Data de formalización do contrato:

Lote 1: 19 de agosto de 2014.

Lote 2: 19 de agosto de 2014.

c) Contratista:

Lote 1: Idea, Creatividad y Comunicación, S.L.

Lote 2: Ingenio Media, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1: Importe neto: 44.200 euros. Importe total (IVE 21 %): 53.482 euros.

Lote 2: Importe neto: 1.101.900,83 euros. Importe total (IVE 21 %): 1.333.300 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria:

Lote 1: destaca polo impacto e orixinalidade da súa estratexia creativa, cun eixe estratéxico ben fundamentado e con mensaxes atractivas, e porque as pezas propostas se adecuan en gran medida aos obxectivos da campaña requiridos nos distintos soportes, destacando cada unha das partes solicitadas (internacionalización, emprendemento, investimento). Obtén trala valoración dos aspectos cualitativos e cuantitativos un total de 82,64 puntos, puntuación superior a das outras entidades admitidas á licitación.

Lote 2: fai a elección máis axeitada do target e nos seus obxectivos destaca porque potencia a innovación, a internacionalización e o emprendemento e sensibiliza sobre os valores Galicia terra de oportunidades (calidade), polo impacto e conexión de máxima calidade do seu slogan e pola súa ampla análise previa do contorno da publicidade en Galicia e España. Presenta unha estratexia que facilita o cumprimento dos obxectivos da comunicación e aposta por unha campaña de catro semanas de máxima intensidade, combínaa coa calidade das localizacións e as franxas e cun alto número de soportes e insercións neles. Presenta avaliacións destacadas, con datos de presión elevada en todos os soportes. Propón ferramentas complementarias para o seguimento e control do desenvolvemento da campaña. Obtén tras valoración dos aspectos cualitativos e cuantitativos un total de 85,03 puntos, puntuación superior a das outras entidades admitidas á licitación.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2014

P.D. (Orde do 26.7.2013; DOG núm. 154)
e P.A. (artigo 6.p) do Decreto 110/2013, do 4 de xullo; DOG núm. 140)
José A. Marnotes González
Vicesecretario xeral da Consellería de Economía e Industria