Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 8 de setembro de 2014 Páx. 37369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 27 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a petición de informe a Capital Quattro División Noroeste, S.L. (expediente IN635A 2014/139-4).

O xefe territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra acordou a petición de informe á empresa mercantil Capital Quattro División Noroeste, S.L., como parte interesada no expediente de reclamación en materia eléctrica presentada pola Comunidade de propietarios do edificio na rúa Antonio Tobar, núm. 26, no concello de Arbo, ao que se lle asignou o núm. IN635A 2014/139-4, en relación coa solicitude de provisión de servizo de enerxía eléctrica e formalización de contratos definitivos individualizados dos propietarios da citada comunidade, ante a falta dun convenio de cesión do centro de transformación por parte da mercantil á empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Intentada a notificación da devandita petición de informe, de conformidade co disposto no artigo 59.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio de esta cédula notifícaselle a Capital Quattro División Noroeste, S.L. o contido da petición de informe, para que poidan ter coñecemento dela, segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei.

Capital Quattro División Noroeste, S.L., poderá presentar o citado informe ou as alegacións que considere, no prazo de 10 días, a partir da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia ou da súa exposición no taboleiro de anuncios do Concello correspondente ao seu último domicilio, na r/ Esperanza, núm. 26, baixo, no concello de Ponteareas. Transcorrido o devandito prazo, esta xefatura territorial ditará resolución na reclamación, coa documentación que conste no expediente.

Así mesmo, terá dereito a consultar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, Pontevedra.

Pontevedra, 27 de agosto de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra