Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 8 de setembro de 2014 Páx. 37370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación de varios contratos.

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlles publicidade ás adxudicacións que se indican a continuación:

Expediente: ED-DXEFPIE-02/14SE. Contrato administrativo especial de organización e desenvolvemento de cursos de inglés para alumnado de centros de Galicia sostidos con fondos públicos.

1. Adxudicatario lote 1: Red Leaf, S.L.

1.1. Orzamento: 52.564,82 euros.

Data de adxudicación: 19.6.2014.

Data da formalización: 23.6.2014.

2. Adxudicatario lote 2: Red Leaf, S.L.

2.1. Orzamento: 225.961,09 euros.

Data de adxudicación: 19.6.2014.

Data da formalización: 23.6.2014.

3. Adxudicatario lote 3: Red Leaf, S.L.

3.1. Orzamento: 117.330,68 euros.

Data de adxudicación: 19.6.2014.

Data da formalización: 23.6.2014.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), e no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2014

P.D. (Orde do 25 de xaneiro de 2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria