Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 5 de setembro de 2014 Páx. 37183

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se publica o cesamento de actividade como organismo de control da entidade Axoca, Grupo de Inspección e Control de Seguridade Industrial, S.L.

Antecedentes.

Primeiro. Mediante a Resolución do 12 de decembro de 2006, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, autorizouse á entidade Axoca, Grupo de Inspección e Control de Seguridade Industrial, S.L., para a súa actuación como organismo de control, no campo regulamentario de instalacións eléctricas. A dita autorización foi ampliada mediante Resolución do 9 de xuño de 2009, incluíndo a actuación no campo regulamentario dos aparellos elevadores. Mediante a Resolución do 20 de febreiro de 2012 ampliouse a autorización ao campo regulamentario dos equipamentos de presión.

Segundo. Jesús Casas Raposo, en nome e representación de Axoca, Grupo de Inspección e Control de Seguridade Industrial, S.L., con domicilio social no polígono industrial Río do Pozo, avda. Condesa Cavalcanti, parcela 62, nave 3, no concello de Narón, comunicou o 16 de xullo de 2014 o cesamento da actividade da citada empresa.

Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. É competente para a adopción desta resolución a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, segundo o establecido no Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria.

Segundo. É de aplicación o Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Infraestrutura para a Calidade e a Seguridade Industrial.

Terceiro. O artigo 43.6 do Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, modificado polo Real decreto 338/2010, do 19 de marzo, establece que nos casos de revogación ou cesamento da actividade dun organismo de control, o titular deste deberá entregar a documentación ligada á súa actuación como tal ao órgano que designe a Administración que o autorizou, a cal publicará a revogación ou cesamento.

De acordo con todo o que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar o cesamento de actividade como organismo de control da entidade Axoca, Grupo de Inspección e Control de Seguridade Industrial, S.L.

Segundo. Designar a entidade Indika, Auditoría e Inspección, S.L., como órgano custodio de toda a documentación ligada ás actuacións realizadas por Axoca, Grupo de Inspección e Control de Seguridade Industrial, S.L., como organismo de control, en todo o ámbito do Estado.

Terceiro. O cesamento da actividade como organismo de control autorizado supón o cesamento da vixencia das autorizacións outorgadas pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, do 12 de decembro de 2006, do 9 de xuño de 2009 e do 20 de febreiro de 2012.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao de recepción da correspondente notificación, ante o conselleiro de Economía e Industria, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2014

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas