Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 5 de setembro de 2014 Páx. 37185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Frades (expediente IN407A 2014/013).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: UDESA

Domicilio social: Rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: LMT, CT e RBT O Prado (Papucín-Frades).

Situación: Frades.

Características técnicas:

LMT aérea a CT O Prado.

Inicio liña (UTM): apoio existente de tipo HV-13/1.000 correspondente ao CT Vimieiro (expte.- 51.976) (UTM: 558.840; 4.769.400).

Final liña (UTM): CT O Prado proxectado (UTM: 558.468; 4.769.792).

Lonxitude: 542 metros.

Categoría: terceira.

Condutor: LA-56.

Tensión nominal: 20 KV.

CT O Prado.

Tipo: intemperie sobre apoio de formigón.

Potencia: 100 kVA.

Relación de transformación: 20/0,4 kV.

Enlace RBT aérea do novo CT O Prado.

Orixe: CT O Prado proxectado.

Lonxitude: 14 metros.

Condutores: RZ-0,6/1 kV-3x95 A1 + 54.6 Alm.

Nº circuítos: 2.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54) esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 6 de agosto de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña