Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 4 de setembro de 2014 Páx. 37129

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de contratación, polo procedemento aberto mediante concurso, da explotación e posta en funcionamento do establecemento destinado a cafetaría-restaurante na estación marítima de pasaxe.

Aprobado por Acordo do Pleno do Concello da Guarda, do 23 de xullo de 2014, o expediente de contratación, incluídos o pregos de cláusulas administrativas particulares técnicas que rexerán o concurso para adxudicar a contratación da explotación e posta en funcionamento do establecemento destinado a cafetaría-restaurante na estación marítima de pasaxe no concello da Guarda, que se expoñen ao público durante oito (8) días, contados a partir do seguinte ao da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no BOP, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se resultar necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

– Entidade adxudicadora.

Concello da Guarda. Praza do Reló, s/n, 36780. Teléfono: 986 61 00 00. Fax 986 61 02 83.

– Obxecto do contrato.

Adxudicar a contratación da explotación e posta en funcionamento do establecemento destinado a cafetaría-restaurante na estación marítima de pasaxe no concello da Guarda.

– Duración.

Desde o inicio da prestación do servizo e sen que en nigún caso poida superar o 9 de xuño de 2029, data en que expira o convenio con Portos de Galicia.

– Canon anual.

Establécese como prestación económica á explotación dos locais e instalacións un prezo anual mínimo de 7.000 € (sete mil euros anuais), que poderá ser incrementado polos licitadores.

– Modalidade de adxudicación.

Concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.

– Garantías.

Provisoria: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe da adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

– Exame do expediente.

Os licitadores poderán examinar o expediente na Secretaría Xeral do concello, de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas, excepto os sábados e festivos e ata o día anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións.

– Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral deste concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados, das 10.00 ás 13.00 horas, durante o prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP e no DOG (artigo 159 do texto refundido da Lei de contratos do sector público), na forma sinalada na cláusula 13 do prego de cláusulas administrativas-técnicas. Se o último día de presentación de ofertas for inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

– Apertura de proposicións.

Ás 10.00 horas do sexto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de ofertas, a mesa de contratación procederá, en acto público, á apertura das propostas económicas e técnicas presentadas (sobres B e C). Para estes efectos, se tal día for sábado, o acto terá lugar o día hábil seguinte.

– Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

A Guarda, 31 de xullo de 2014

José Manuel Domínguez Freitas
Alcalde