Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 4 de setembro de 2014 Páx. 37131

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outes

ANUNCIO de convocatoria para adxudicar o contrato administrativo de construción de senda peonil no acceso á área litoral da praia de Broña.

O Concello de Outes convoca licitación pública para adxudicar o seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora. a) Concello de Outes. b) Tramitación. Secretaría da Corporación. c) Obtención de documentación e información: Casa do Concello; Rúa da Vila, nº 1, 15230 A Serra de Outes. Tfno.: 981 85 00 03. Fax: 981 85 03 87. Correo electrónico: correo@outes.es. Perfil de contratante: www.outes.es. Data límite de obtención de información: oitavo día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e no BOP da Coruña.

2. Obxecto do contrato. a) Tipo: contrato de obra pública. b) Descrición: construción de senda peonil no acceso á área litoral da praia de Broña. c) Lugar de execución: Broña. d) Prazo de execución: seis (6) meses. e) Código CPV: 452 332 62.

3. Procedemento de adxudicación. a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: negociado con publicidade. c) Criterios de adxudicación: baixa na oferta económica, programa de control de calidade, programa de traballo e protección ambiental, e plan de seguridade e saúde (punto 15 do prego de cláusulas administrativas).

4. Valor estimado do contrato e orzamento base de licitación: 230.000,00 €. IVE: 48.300,00 €. Orzamento total: 278.300,00 €.

5. Garantía provisoria: non se exixe.

6. Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación.

7. Requisitos do contratista: a solvencia económica e financeira acredítase por medio dun volume anual de negocio no ámbito ao que se refire o contrato de polo menos 250.000,00 € nos tres últimos exercicios ou desde a data de creación da empresa ou de iniciación de actividades do empresario. A técnica, por calquera dos medios que prevé o artigo 76 da Lei de contratos do sector público (LCSP).

8. Presentación de ofertas. a) Prazo de presentación: oito días naturais contados desde que se publique este anuncio no DOG e no BOP da Coruña. b) Documentación: punto 12 do prego de cláusulas administrativas. c) Lugar: Rexistro Xeral do Concello de Outes (Casa do Concello; Rúa da Vila, nº 1, 15230 A Serra de Outes). d) Prazo de mantemento da oferta: dous meses desde que conclúa o prazo de presentación.

9. Apertura das ofertas: o quinto día hábil seguinte ao do remate do prazo de presentación das ofertas, ás 12.00 horas, na Casa do Concello de Outes.

10. Os gastos dos anuncios da licitación serán por conta do adxudicatario.

Outes, 25 de agosto de 2014

Antonio García Blanco
Acalde en funcións