Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 4 de setembro de 2014 Páx. 37128

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (S-21/2014).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: S-21/2014.

2. Obxecto do contrato: subministración, por lotes, de diversas licenzas no ámbito de servidor e postos de usuario (lote 1: produtos Microsoft e lote 2: produtos Oracle).

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 294.877,00 €, IVE incluído (lote 1: 214.170,00 € e lote 2: 80.707,00 €).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (Perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata as 13.00 horas do día 22 de setembro de 2014. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no Perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 13 de agosto de 2014

P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública