Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 4 de setembro de 2014 Páx. 37125

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente S-A-02-2014).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número do expediente: S-A-02-2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración dun vehículo para a Policía Local do Concello de Bergondo.

b) Lugar de entrega: o indicado no punto 11 do cadro de características do contrato.

c) Prazo de entrega: corenta e cinco (45) días desde a formalización do contrato.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación.

4. Orzamento de licitación:

Valor estimado: 28.925,62 euros sen IVE; máis o IVE (21 %): 6.074,38 €; importe total: 35.000,00 IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: Bergondo 15165.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

Perfil do contratante: www.bergondo.es

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio de licitación no BOP ou no DOG, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do último día do prazo de presentación.

c) Documentación que cómpre presentar: a sinalada na cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares que deberán rexer a contratación.

d) Lugar de presentación: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral. Estrada da Coruña, nº 12. 15165 Bergondo.

8. Criterios de adxudicación do contrato:

8.1. Criterios cuxa valoración require un xuízo de valor: ata 45 puntos.

A) Calidade, acabamentos, valor técnico e características estéticas e funcionais do vehículo que se vai subministrar, ata 15 puntos.

B) Asistencia técnica, garantía e mantemento, ata 20 puntos.

C) Melloras ofertadas nas prestacións do vehículo e no equipamento do vehículo, ata 10 puntos.

8.2. Oferta económica: ata 55 puntos.

9. Apertura das ofertas:

a) Data: o terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ao día hábil seguinte.

b) Hora: ás 13.00 horas.

10. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio.

11. Gastos do adxudicatario:

Serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Bergondo, 28 de agosto de 2014

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa