Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 4 de setembro de 2014 Páx. 37100

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (104/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que nos autos de execución de títulos xudiciais 104/2011 seguidos neste xulgado sobre reclamación de cantidade, por instancia de Sandra Otero Montero contra Ernesto Bouzas Carballal, por un principal de 4.585,04 euros, máis 458 euros que se calculan para xuros, gastos e custas, se acordou por resolución do día da data sacar a pública poxa polo prazo de vinte días, os bens embargados á parte executada que logo se indicarán, e sinalar para a realización da poxa o día 23 de outubro de 2014, ás 9.30 horas, no andar 2º do edificio dos xulgados, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, desta cidade de Santiago de Compostela, que se rexerá polas seguintes condicións:

A) Que os licitadores a excepción do executante, para tomaren parte na poxa, deberán presentar xustificante acreditativo de ter depositado, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, referencia número 5076-0000-64-0104-11 no Banco Santander, o 5 % do valor do inmoble para os efectos de poxa. Devolveranse as cantidades, unha vez aprobado o remate, a aqueles que participen na poxa, agás ao mellor ofertante, salvo que soliciten o seu mantemento á disposición do xulgado para o caso en que o rematante non consignar o resto do prezo. Así mesmo, deberán consignar no devandito xustificante se, de ser o caso, recibiu en todo ou en parte cantidades dun terceiro.

B) Que se poderán facer ofertas por escrito en sobre pechados desde o anuncio da poxa ata a súa realización, mediante o depósito a que se fixo mención anteriormente. Os sobres serán abertos ao inicio da poxa, e estas ofertas producirán os mesmos efectos que as que se realicen oralmente.

C) O executante só poderá tomar parte na poxa cando existan licitadores, e poderá mellorar as ofertas que se fixesen sen necesidade de consignar cantidade ningunha.

D) Que se poderán facer ofertas superiores ao 70 % do valor do inmoble para os efectos de poxa, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo do remate.

E) Para o caso de que se fagan ofertas e non superen o 50 % do valor de taxación ou que non cubran, polo menos, a cantidade pola cal se despachase execución, incluíndo a previsión para xuros e costas, resolverase sobre a aprobación do remate á vista das circunstancias do caso.

F) Só a adquisición ou adxudicación practicada en favor dos executantes ou dos responsables legais solidarios ou subsidiarios poderá efectuarse en calidade de ceder a terceiro.

G) A certificación rexistral e, de ser o caso, a titulación do ben que se poxa estarán de manifesto na secretaría deste xulgado.

H) Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación existente ou que non existan títulos.

I) As cargas ou gravames anteriores, se os houber, ao crédito do demandante continuarán subsistentes e que, polo só feito de participar na poxa, o licitador os admite e queda subrogado na responsabilidade derivada daqueles, se o remate se adxudicar ao seu favor.

J) O presente edicto está exposto no taboleiro de anuncios deste xulgado e publicarase no DOG e no portal de poxas xudiciais e electrónicas existentes e dependente do Ministerio de Xustiza.

O presente edicto servirá, ademais de para os efectos de publicación, de notificación e citación ás partes para todos os efectos.

Bens obxecto de poxa:

1º. Inmoble nº 12.193 inscrito no folio 43, do libro 230, tomo 916 do Rexistro da Propiedade de Noia, con número de referencia catastral 0620420NH0102S0002TJ, sito na rúa Lepanto nº 27, baixo, 15960 Ribeira, cuxa descrición é a seguinte:

«100% de pleno dominio con carácter privativo por título de doazón. Local na planta baixa, destinado a fins comerciais, da casa sinalada como nº 27 da rúa Lepanto da vila de Ribeira. Ten a superficie de noventa metros cadrados (90 m2).

Lindeiros:

– Dereita: entrando, rúa de García Morato.

– Esquerda: portal de entrada, caixas de escaleiras e ascensor, relanzo de Francisco Sevilla Reiriz.

– Fondo: Manuel Rodríguez Tubío.

– Fronte: caixa de ascensor, relanzo e rúa Lepanto».

2º. Valor de taxación do ben: 33.257,28 euros.

3º. Cargas: embargo a favor da sociedade FGA Capital Spain E.F.C., segundo procedemento nº 167/2011 seguido ante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, por un importe total de 17.917,48 euros.

4º. Taxación para poxa: 15.339,80 euros.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2014

A secretaria xudicial