Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 4 de setembro de 2014 Páx. 37103

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1116/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1116/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Emma María Casas Bernabeu contra Landro Albañilería, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Andrés Fernández Díaz, General de Subcontratas, S.L. sobre despedimento, se ditou auto con data do 14.8.2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Que rectifico o erro de transcrición que contén o auto de aclaración do 12.5.2014, ditado no presente procedemento, no sentido de que onde pon bruto/s debe dicir neto/s.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso, ben que se poderá interpor contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nesta establecidos, desde a notificación ás partes deste auto.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Landro Albañilería, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Andrés Fernández Díaz, General de Subcontratas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2014

A secretaria xudicial