Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 4 de setembro de 2014 Páx. 37104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración da ampliación da concesión da explotación Pedroso número PO/C/02843, no concello de Rodeiro, provincia de Pontevedra, promovido por Canteras de Lalín, S.L.

O artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación do impacto ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), dispón que os estudos de impacto ambiental se someterán ao trámite de información pública durante un mínimo de trinta (30) días, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Do mesmo xeito, o artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, establece que, unha vez completada a documentación, se abrirá un período de información pública que non será inferior a trinta (30) días.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta (30) días, contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución, o proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración da ampliación da unidade de explotación da concesión mineira Pedroso número PO/C/02843, que xa contaba con declaración de impacto ambiental de data 21 de novembro de 2002, no concello de Rodeiro, provincia de Pontevedra, promovido por Canteras de Lalín, S.L., con CIF B36377844.

Para efectos informativos porase á disposición dos administrados que a soliciten a documentación correspondente ao proxecto para consulta nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra e no portal da Consellería de Economía e Industria, e as posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 25 de agosto de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra