Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a seguir, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a comunicación da firmeza da sentenza xudicial ditada no procedemento número 71/2011, polo accidente laboral do traballador Manuel Canosa González.
Os documentos que constan no expediente son:
• Acta de infracción.
• Xustificante da notificación (28.5.2007).
• Copia da sentenza xudicial e da súa firmeza.
A ausencia de alegacións dentro do prazo legal permite confirmar a acta, en aplicación da presunción de veracidade que lle recoñece o artigo 53.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Concédeselles un prazo de dez días hábiles para formularen as alegacións que consideren pertinentes. Unha vez transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.
Expediente: RL 2007/0375-4.
Acta: 540/2007.
Empresa: Isonor Prevención, S.L.
NIF: B36336535.
Enderezo: Serafín Avendaño, 18 int. oficina 18, Vigo.
Vigo, 19 de agosto de 2014
P.A. (Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Susana Figueroa Martínez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa