Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 4 de setembro de 2014 Páx. 37111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 16 de xullo de 2014 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión da batea Luis.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Luis e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 15 de maio de 2014, Manuel Iglesias Vidal (76834459S), no nome da unidade de herdeiros de Segunda Vidal Lemos, solicitou autorización para transmisión da concesión da batea Luis.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servizo Técnico-Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, que a modifica, e coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Manuel Iglesias Vidal (76834459S), Sara Iglesias Cabadón (53115712H), Antonio Iglesias Cabadón (53115496D), Ana Iglesias Cabadón (53118821E), María Carmen Iglesias Vidal (78732316G) e Francisco Javier González Iglesias (53114922X), da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea

Nome: Luis.

Situación:

Cuadrícula nº: 31.

Polígono: G.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 8.11.1974 (BOE núm. 290).

Remate vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Segunda Vidal Lemos (76881553F).

Novos titulares: Manuel Iglesias Vidal (76834459S), Sara Iglesias Cabadón (53115712H), Antonio Iglesias Cabadón (53115496D), Ana Iglesias Cabadón (53118821E), María Carmen Iglesias Vidal (78732316G) e Francisco Javier González Iglesias (53114922X).

Os novos titulares subróganse nos dereitos e obrigas do anterior.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 16 de xullo de 2014

Por delegación de sinatura (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar de Vigo