Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 4 de setembro de 2014 Páx. 37109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 19 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2008/0503-4.

Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a seguir, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a copia da sentenza xudicial ditada no procedemento número 51/2014, polo accidente laboral do traballador Gerardo Doce Soto.

Os documentos que constan no expediente son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (20.8.2008).

• Copia da sentenza xudicial.

A ausencia de alegacións dentro do prazo legal permite confirmar a acta, en aplicación da presunción de veracidade que lle recoñece o artigo 53.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Concédeselles un prazo de dez días hábiles para formularen as alegacións que consideren pertinentes. Unha vez transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2008/0503-4.

Acta: I362008000105170.

Empresa: Vialia Mediador Inmobiliario, S.L.

NIF: B36521714.

Enderezo: A Barca 18, Poio.

Vigo, 19 de agosto de 2014

P.A. (Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Susana Figueroa Martínez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa