Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 1 de setembro de 2014 Páx. 36918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 12 de agosto de 2014 pola que se notifica orde de desaloxo de superficie ocupada na zona portuaria de Vilaxoán (Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Colmenar Viejo (Madrid) á mercantil Construcciones y Promociones Serjoda, S.L. orde de retirada de entullo procedente da construción dunha obra depositado sen autorización na explanada do porto de Vilaxoán, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último enderezo coñecido sito na rúa Cadena, 4, 1º, de Colmenar Viejo, Madrid.

O presente acto administrativo que emite a Dirección da entidade pública Portos de Galicia en virtude das competencias previstas no artigo 9.3.a) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación de Portos de Galicia, emítese ao abeiro da regra novena de aplicación á tarifa portuaria E-2, que se recolle na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, que di expresamente o seguinte: «A ocupación de superficies portuarias requirirá a autorización previa da dirección do porto correspondente. No caso de ocupación de superficie sen contar con esta autorización, a tarifa que se aplicará durante o prazo de ocupación será o quíntuplo da que con carácter xeral lle correspondería, sen prexuízo de que Portos de Galicia poida proceder á retirada dos materiais depositados, polo que pasará o correspondente cargo e en todo caso o valor deles responderá dos gastos de transporte e almacenaxe».

A retirada do entullo e a reposición da parcela ao seu estado orixinal deberá realizarse nun prazo máximo de cinco (5) días contados desde a publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Colmenar Viejo.

Caso de incumprimento, Portos de Galicia procederá sen mais trámites e á súa custa a retirar e trasladar o entullo a vertedoiro autorizado, polo que lle pasará o oportuno custo, e todo iso sen prexuízo da aplicación da tarifa portuaria E-2, conforme a regra novena antes exposta, e da incoación de procedemento administrativo sancionador.

O presente acto administrativo, que ten eficacia executiva, non esgota a vía administrativa, e contra el poderase interpoñer recurso de alzada perante a Presidencia de Portos de Galicia nun prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación ou exposición.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2014

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia