Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 1 de setembro de 2014 Páx. 36915

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2014 pola que se anuncia a licitación para a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de limpeza do Pazo de Amarante, sede do Consello Consultivo de Galicia, do Consello Económico e Social e do Consello Galego de Relacións Laborais.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consello Consultivo de Galicia.

1.2. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral do Consello Consultivo de Galicia.

1.3. Obtención de documentación e información:

1.3.1. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e de Persoal e Habilitación.

1.3.2. Enderezo: rúa Algalia de Abaixo, 24, 15704 Santiago de Compostela.

1.3.3. Teléfono: 981 55 21 10, fax: 981 58 33 15.

1.3.4. Correo electrónico: habilitación@ccgalicia.es

1.3.5. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20981

1.3.6. Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

1.4. Número de expediente: CCG01/2014.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Tipo de contrato: servizo.

2.2. Descrición do obxecto: servizo de limpeza do Pazo de Amarante.

2.3. Lugar e prazo de execución: os sinalados no prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: a oferta máis vantaxosa segundo criterios de valoración detallados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento máximo de licitación: 77.352,00 €, máis 16.243,90 € de IVE.

Exercicio 2014: 9.669,00 €, máis 2.031,00 € de IVE.

Exercicio 2015: 38.677,00 €, máis 8.123,00 € de IVE.

Exercicio 2016: 29.008,00 €, máis 6.092,00 € de IVE.

5. Prazo de vixencia: dous anos, prorrogables outros dous.

6. Garantías exixidas.

6.1. Provisional: non se exixe.

6.2. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista.

7.1. Clasificación: non se exixe.

7.2. Solvencia económica e financeira: a sinalada na cláusula 10.1.A) do prego de cláusulas administrativas.

7.3. Solvencia técnica ou profesional: a sinalada na cláusula 10.1.A) do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

8.1. Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, salvo que fose inhábil, caso en que se prorrogará ao día hábil seguinte.

8.2. Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula décima do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación:

8.3.1. Entidade: Rexistro Xeral do Consello Consultivo de Galicia.

8.3.2. Enderezo: rúa Algalia de Abaixo, 24.

8.3.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15704.

9. Apertura das ofertas.

9.1. Dependencia: Secretaría Xeral do Consello Consultivo de Galicia.

9.2. Data: o décimo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura destas terá lugar no día hábil seguinte (acto público).

9.3. Hora: ás 10.15 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2014

José Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia