Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 26 de agosto de 2014 Páx. 36462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 5 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución dun expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2014/0081-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2014/0081-4.

Acta: I362014000018649.

Empresa: AMD Setay, S.L.

NIF: B36907277.

Enderezo: Hortas Reais, 7, 2º, Baiona.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.f), 26, 29, 30 e 38 do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 8.1, 7.5, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data de resolución: 23.6.2014.

Resolución: multa de 8.626 €.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Vigo, 5 de agosto de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo