Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 26 de agosto de 2014 Páx. 36463

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 5 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha Resolución do 11 de xuño de 2014, desestimatoria de axuda ou subvención ao Programa para a promoción do emprego autónomo, regulada na Orde do 19 de agosto de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 159, do 22 de agosto), relativa ao expediente TR341D 2013/675-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante esta Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 5 de agosto de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2013/675-2.

Nome: Lucía Marón López.

DNI/NIF: 33330803-P.

Último enderezo coñecido: rúa Capitán Juan Varela, 50, baixo, 15007 A Coruña.

Contido da resolución: resolución ditada o 11 de xuño do 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo, desestimatoria de axuda ou subvención solicitada, por esgotamento da partida orzamentaria asignada á Consellería de Traballo e Benestar o 19 de agosto de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo cofinanciado polo Fondo Social Europeo para o ano 2013.