Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 26 de agosto de 2014 Páx. 36461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 5 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia dun expediente sancionador na orde social (RL 2005/0427-4).

Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a copia da sentenza do Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra, recaída no procedemento número 432/2013, polo accidente laboral do traballador Alberto Rodríguez dos Reis.

Os documentos que constan no expediente son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (24.6.2005).

• Escrito de alegacións (8.7.2005).

• Copia da sentenza xudicial.

Concédeselle un prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que considere pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2005/0427-4.

Acta núm. 799/2005.

Empresa: Construcciones Hnos. Padín Cambados, S.L.

NIF/DNI: B-36183580.

Enderezo: Vilariño, A Telleira, 8, Cambados.

Vigo, 5 de agosto de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo