Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 25 de agosto de 2014 Páx. 36331

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 447/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 447/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Miranda Pérez contra Restaura Galicia, S.L., foi ditada a seguinte resolución:

«Parte dispositiva:

Dispoño a acumulación ao presente procedemento de rescisión contractual do procedemento de despedimento nº 531/2014 seguido ante este xulgado, continuando a súa tramitación nun único procedemento e dando de baixa o presente no libro de asuntos xerais.

Lévese testemuño da presente resolución ao procedemento 531/2014 seguido ante este mesmo xulgado para a súa unión ao presente procedemento.

Procédese ao sinalamento dos actos de conciliación e xuízo no próximo día 15 de setembro de 2014 ás 9.40 e 9.45 horas respectivamente, para o axuizamento conxunto de ambos os procedementos, servindo a notificación da presente resolución de citación en legal forma ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada. Si o recurrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Español de Crédito, conta nº 5076, indicando no campo do concepto “Recurso” seguido do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo, o código “30 Social-Reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado e as comunidades autónomas».

E para que sirva de notificación en legal forma a Restaura Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2014

A secretaria xudicial