Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 25 de agosto de 2014 Páx. 36330

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (531/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 531/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Miranda Pérez contra o Fogasa, Restaura Galicia, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Parte dispositiva:

Dispoño acordar a acumulación dos presentes autos ao procedemento de despedimento nº 447/2014 seguido ante este mesmo xulgado, continuando a súa tramitación nun único procedemento.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de autos deste órgano xudicial, deixando copia testemuñada nas actuacións.

Suspéndense os actos de conciliación e xuízo previstos para o día 10 de setembro de 2014.

Notifíquese ás partes».

E para que sirva de notificación en legal forma a Restaura Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2014

A secretaria xudicial