Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 25 de agosto de 2014 Páx. 36333

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

CÉDULA de citación (DSP 447/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Francisco Miranda Pérez contra Restaura Galicia, S.L., rexistrado co nº 447/2014, acordouse citar Restaura Galicia, S.L. en ignorado paradoiro, para que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, 15707, o día 15 de setembro de 2014 ás 9.40 e 9.45 horas para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo. Pode comparecer persoal-mente ou mediante persoa legalmente apoderada e debe acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia. 

Fáiselle saber que ten ao seu dispor na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión dela e as demais resolucións e documentos que constan no procedemento 447/2014 e 531/2014.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colegiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Restaura Galicia, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2014

A secretaria xudicial