Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 25 de agosto de 2014 Páx. 36335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2014, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se somete a información pública o expediente de modificación do contrato de xestión de servizo público de transporte regular de uso xeral de viaxeiros por estrada V- 2845; XG-314, con anexos.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu Regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse, por solicitude da empresa contratista, o expediente de modificación do seguinte contrato:

Contrato: V-2845; XG-314, Carballo-A Tablilla, con anexos.

Contratista: Hermanos Pallas, S.L.

Os interesados ou afectados no expediente poderá comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade da Coruña (rúa Alcalde Pérez Arda, 4) efectuar as alegacións que estimen oportunas no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo mobilidade.coruña@xunta.es

A Coruña, 10 de xullo de 2014

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña