Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 21 de agosto de 2014 Páx. 36083

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (243/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 243/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Josefa Arcos Ordóñez contra Mercado Tropical, S.L., Kilo Grill, S.L., Districard Santiago, S.L. sobre ordinario, foi ditado decreto en data 30.7.2013, cuxa parte dispositiva, é do teor literal seguinte

«Parte dispositiva do decreto:

Acordo reabrir a presente execución por terse ingresado na conta deste xulgado a suma de 4.303,88 euros, como consecuencia do embargo trabado sobre as devolucións tributarias pendentes de aboar a Mercado Tropical, S.L., Kilo Grill, S.L., Districard Santiago, S.L., e expedir o oportuno mandado a favor do executante pola referida suma, téndose por reducido o principal.

Ratifícase a insolvencia provisoria parcial decretada polo Decreto do 31 de marzo de 2014 de Mercado Tropical, S.L., Kilo Grill, S.L., Districard Santiago, S.L. e rectifícase a cantidade pola cal se declara, dado que na actualidade debe 2.043,76 euros de principal, máis 735,16 euros que provisoriamente se orzan para xuros, gastos e custas.

Expedir mandado ao Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela, co fin de modificar a cantidade pola cal se inscribiu a insolvencia provisoria parcial decretada de Mercado Tropical, S.L., Kilo Grill, S.L., Districard Santiago, S.L.

Unha vez que sexa firme a presente resolución, expedirase o testemuño pedido pola executante para a súa presentación ante o Fogasa.

Verificado o anterior, devólvase ao arquivo, despois da anotación no libro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandamento contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesal das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Mercado Tropical, S.L., Kilo Grill, S.L., Districard Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2014

A secretaria xudicial