Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 21 de agosto de 2014 Páx. 36081

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (37/2014).

Despedimento/cesamentos en xeral 37/2014.

Sobre: despedimento.

Demandante: Manuel Ventoso González.

Avogada: María Fernanda Álvarez Pérez.

Procurador: José Manuel del Río Sánchez.

Demandados: Modesto Otero Meitín y Otros, C.B., Modesto Otero Meitín.

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 37/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Ventoso González contra Modesto Otero Meitín y Otros, C.B., Modesto Otero Meitín sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza:

Que debo estimar e estimo as demandas que en materia de resolución de contrato e despedimento foron interpostas polo demandante contra Modesto Otero Meitín y Otros, C.B. e os comuneiros Modesto Otero Meitín, Alfredo Otero Meitín e Salustiano Otero Meitín e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento do que foi obxecto o 14 de abril de 2014 e ademais extinguida a relación laboral que os vinculaba na data de hoxe, e condeno os demandados ao aboamento dunha indemnización de 46.607,94 €.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Manuel Ventoso González contra Modesto Otero Meitín y Otros, C.B. e os comuneiros Modesto Otero Meitín, Alfredo Otero Meitín e Salustiano Otero Meitín e, en consecuencia, debo condenar e condeno os demandados a que lle aboen ao demandante a cantidade de 37.181,87 euros, así como o xuro do 10 % por mora aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Modesto Otero Meitín y Otros, C.B. e a Modesto Otero Meitín, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xullo de 2014

A secretaria xudicial