Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 20 de agosto de 2014 Páx. 35985

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación da adaptación do Plan xeral de ordenación municipal.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do 9 de xullo de 2014, acordou, entre outros, o seguinte, facendo constar que con esta mesma data se remitiu a documentación á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

Primeiro. Aprobar o documento número 9038, do 19 de xuño de 2014, denominado adaptación do PXOM de Oleiros á Lei 8/2012, de vivenda de Galicia, en canto ás porcentaxes de vivenda sometida a algún tipo de protección, polo que se modifica o criterio vixente do PXOM para a fixación da porcentaxe de reserva de solo para vivendas sometidas a algún réxime de protección pública, en uso das facultades que outorga o artigo 47.11 da LOUGA, substituíndoo polo criterio de tomar como referencia para tal efecto a demanda potencial de vivenda protexida, con base no número de inscritos como solicitantes deste tipo de vivendas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, e todo isto conforme as determinacións legais vixentes.

Segundo. En consecuencia, fixar como porcentaxe de reserva de solo para vivendas sometidas a algún réxime de protección pública no termo municipal o 10 % da edificabilidade residencial prevista pola ordenación urbanística do PXOM, no solo que vaia ser incluído en actuacións de urbanización (solo urbano non consolidado e urbanizable), substituíndo todas as referencias do PXOM vixente que resulten incompatibles con esta determinación.

Terceiro. Aprobar as novas porcentaxes de reserva de solo para vivendas sometidas a algún réxime de protección pública nos ámbitos de solo urbano non consolidado e solo urbanizable delimitado que figuran na táboa do punto sétimo. Para os solos urbanizables non delimitados, como regra xeral destinar o 10 % da edificabilidade residencial de cada plan de sectorización a vivenda suxeita a algún réxime de protección pública.

Cuarto. Estas porcentaxes son de aplicación ao Plan parcial SUD-11, SUD-7, SUD-1, SUD-2 e POL-16, de conformidade co informado.

Oleiros, 21 de xullo de 2014

Ángel García Seoane
Alcalde presidente