Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 20 de agosto de 2014 Páx. 35986

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Portomarín

ANUNCIO.

Anuncio de aprobación definitiva do estudo de detalle presentado por Construccións e Saneamentos A Piunca, S.L. para regular a adecuación volumétrica da implantación da edificabilidade permitida na parcela Val da Fonte con fronte á avenida de Sarria en Portomarín.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o 5 de agosto de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente o estudo de detalle na parcela Val da Fonte con fronte á avenida de Sarria de Portomarín, tendo en conta as condicións expostas nos informes sectoriais.

2. Comunicarlle o acordo á consellería competente en materia de Urbanismo e publicar o acordo no BOP e no DOG.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (modificada pola Lei 15/2004; Lei 6/2008; Lei 18/2008; Lei 2/2010; Lei 15/2010 e Lei 9/2013) procédese á súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e remítese á Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas unha copia dilixenciada do estudo aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que o integran.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que crean oportuno

Portomarín, 12 de agosto de 2014

Juan Carlos Serrano López
Alcalde