Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 20 de agosto de 2014 Páx. 35987

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para o recoñecemento de solo urbano consolidado en Camiño da Cerámica.

O Pleno da Corporación de Xinzo de Limia, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 4 de xullo de 2014, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) do Concello de Xinzo de Limia, para o recoñecemento de solo urbano consolidado en Camiño da Cerámica con ordenación detallada, de conformidade co procedemento establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e en cumprimento do disposto nos artigos 84 e 85 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, e someter o expediente a información pública e audiencia dos interesados durante un prazo de dous meses mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia. Así mesmo, solicitarase das administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios para a presentación de suxestións e reclamacións.

En virtude do disposto no artigo 77 de la LOUGA, o dito acordo de aprobación inicial determina por si mesmo a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas nos ámbitos do territorio afectados pola modificación puntual do PXOM aprobada inicialmente, sen prexuízo da súa extinción anticipada como consecuencia da aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM.

Xinzo de Limia, 23 de xullo de 2014

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde