Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 20 de agosto de 2014 Páx. 35984

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación definitiva do plan parcial (expediente FG 566).

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do 9 de xullo de 2014, acordou, entre outros, o seguinte, facendo constar que con esta mesma data se remitiu a documentación establecida no artigo 92 da Lei 9/2002, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

– Aprobar definitivamente o documento denominado Plan parcial SUD-7 A Pezoca, Oleiros. Doc. refundido do 13.6.2014 nº 8612.

– Arquivar o documento nº 14837 do 31.10.2013, ao quedar substituído polo que se aproba.

Recursos. O plan parcial é unha disposición xeral polo que contra el poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, a contar do día seguinte ao da publicación desta disposición.

Oleiros, 21 de xullo de 2014

Ángel García Seoane
Alcalde presidente