Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 18 de agosto de 2014 Páx. 35679

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 28 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución de expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2010/0132-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2010/0132-4.

Acta: I362010000032073.

Empresa: Intramat del Atlántico, S.L.

NIF: B-36188522.

Enderezo: As Veigas de Almorzar, 31, Caldas de Reis.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 17.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, en relación co artigo 3 e anexo I apartado 2 punto 8 do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo.

Preceptos sancionadores: artigos 12.16.b), 39.6 e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 15.7.2014.

Resolución: multa de 2.046 €.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Vigo, 28 de xullo de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo