Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 18 de agosto de 2014 Páx. 35680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 4 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se notifica a María José Fernández Martínez a resolución recaída no procedemento disciplinario incoado polo Acordo do 23 de xaneiro de 2014 da secretaria xeral técnica desta consellería.

O 10 de xullo de 2014 a secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar ditou resolución no procedemento disciplinario incoado a María José Fernández Martínez polo Acordo do 23 de xaneiro de 2014 da secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar. Mediante carta certificada e con xustificante de recepción intentouse, por dúas veces, a notificación da resolución. De conformidade co previsto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede realizar a notificación da resolución no dito expediente por medio de anuncio no taboleiro de edictos do concello do seu último domicilio coñecido e no Diario Oficial de Galicia. En virtude disto, mediante esta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, a publicación completa da resolución podería lesionar dereitos ou intereses lexítimos, polo que cítase a María José Fernández Martínez, para que compareza no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para os efectos da notificación do contido íntegro da resolución recaída no referido procedemento, nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica (Subdirección Xeral de Persoal), na Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, no Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

Contra a resolución que se notifica poderase interpoñer reclamación previa á vía xudicial laboral, de conformidade co disposto no artigo 69 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2014

P.A. (Artigo 7.1 do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Mª Aránzazu Portabales Santomé
Vicesecretaria xeral da Consellería de Traballo e Benestar