Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 18 de agosto de 2014 Páx. 35677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 24 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicos dous inicios do procedemento de reintegro de axudas e subvencións ao programa para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 22 de abril de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 28 de abril), relativa aos expedientes TR341D 2010/924-2 e TR341D 2010/1190-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

De conformidade co previsto no artigo 38.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta xefatura territorial.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 24 de xullo de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2010/924-2.

Nome: Jamile Aguilar Lara.

DNI/NIF: 34281244C.

Último enderezo coñecido: rúa Serra dos Ancares, 1-2º, 27003 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa traballadora contratada por un período mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: artigo 17, punto 2 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR341D 2010/1190-2.

Nome: María José Folgueira Martínez.

DNI/NIF: 76576763B.

Último enderezo coñecido: avda. Generalísimo, 64-1º, 27240 Meira, Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa traballadora contratada por un período mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: artigo 17, punto 2 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.