Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34725

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de licitación para compravenda da parcela número 307 da CP de Xinzo de Limia.

Aprobado pola Xunta de Goberno Local, en sesión do 4 de agosto de 2014, o prego de cláusulas que rexerá o procedemento aberto, cun só criterio de adxudicación, para o alleamento mediante compravenda da parcela nº 307-A do Plan xeral da zona de concentración parcelaria de Xinzo de Limia, no sitio de Veiga, propiedade deste concello, con destino a solo industrial, anúnciase a apertura do procedemento de licitación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Xinzo de Limia.

b) Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto do contrato: alleamento da parcela coa seguinte descrición:

a) Parcela nº 307-A do Plan xeral da zona de concentración parcelaria de Xinzo de Limia, no sitio de Veiga, propiedade deste concello, con destino a solo industrial.

b) Superficie catastral: 72.655,5 m2.

c) Lindeiros: norte, Digna Fuentes Santana (303), Hortensia Gómez e outros (304), e Generosa Ramos Justo (305). Sur, camiño. Este, camiño. Oeste: resto predio matriz 307-B.

d) Descrición urbanística: clasificación do solo: solo urbanizable. Categoría do solo: solo urbanizable delimitado ou inmediato (SU1). Sector: 3. Polígono: I do proxecto sectorial de parque empresarial. Uso: industrial. Edificabilidade máxima sobre parcela neta (m2/m2): 0,84. Recuamento fachada: 8-8. Recuamento fondo: 5-5. Altura planta: mínima 7,5 m e máxima 16 m (poderá aumentarse por razóns xustificadas). Ocupación máxima sobre parcela neta: 85 %. Gastos de urbanización polígono I onde se sitúa parcela: 813.378,24 €; o adxudicatario subrogarase nos restantes compromisos asumidos polo Concello coa sinatura o 21.10.2013 do convenio urbanístico con Xestur Ourense, S.A.

e) Inscrición rexistral: o predio atópase inmatriculado a nome do Concello de Xinzo de Limia, no Rexistro da Propiedade de Xinzo no tomo 787, libro 217, folio 71, inscrición 1ª, con data do 26.1.2009.

f) A venda realízase en concepto de corpo certo segundo o establecido no prego de cláusulas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e cun só criterio de adxudicación.

4. Tipo de licitación: o prezo da parcela obxecto de alleamento é de 758.602,19 € (IVE incluído), e debe entenderse como mínimo, debendo realizarse as ofertas á alza. As ofertas con prezo inferior serán desbotadas. O pagamento do prezo farase na forma prevista na cláusula 14ª do prego.

5. Garantía provisional: 3 % do prezo de licitación, excluído o IVE.

6. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE. No suposto de pagamento aprazado, cun prazo máximo de seis meses, a garantía deberá cubrir o importe total de prezo de adxudicación.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Xinzo de Limia. Rúa Curros Enríquez, 15, 32630 Xinzo de Limia, Ourense. Teléfono: 988 55 51 11. Fax: 988 55 51 12. Correo electrónico:
secretario@xinzodelimia-ayto.com. O prego estará exposto no perfil do contratante da Deputación Provincial de Ourense para os efectos de facilitar o acceso a este:
http://dpou.depourense.es/on-line/perfil/

8. Requisitos específicos do contratista: cláusula 7ª e 8ª do prego.

9. Presentación de ofertas/propostas:

a) Prazo de presentación: quince (15) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que cómpre presentar: a establecida na cláusula 8ª do prego. A proposta axustarase ao modelo que figura nesta cláusula.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello, das 8.00 ás 14.30 horas. A documentación poderá igualmente remitirse por correo, nas condicións previstas no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

10. Apertura de ofertas: concluído o prazo de presentación de propostas, constituirase a mesa de contratación na forma prevista na cláusula 9ª do prego, na sala de xuntas do Concello, no día hábil seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de propostas. Considéranse inhábiles para estes efectos os sábados; o dito acto será público.

11. Criterio de adxudicación: exclusivamente o prezo ofertado; o contrato adxudicarase a aquel licitador que oferte o maior prezo.

12. Gastos: os gastos que deriven dos trámites de preparación, adxudicación e formalización do contrato, incluídos os de inserción de publicidade en boletíns oficiais, serán por conta do comprador nos termos reflectidos no prego.

Xinzo de Limia, 4 de agosto de 2014

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde