Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34724

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de información pública de aprobación inicial do proxecto de delimitación do polígono de expropiación de terreos pertencentes a particulares incluídos no ámbito do Plan especial de infraestruturas e dotacións da zona E69B do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo, no Rebel-Vilalonga.

A Corporación Municipal en pleno, en sesión que tivo lugar o 28 de xullo de 2014 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Prestar aprobación inicial ao proxecto de delimitación do polígono de expropiación de terreos pertencentes a particulares incluídos no ámbito do Plan especial de infraestruturas e dotacións da zona E69B do PXOM de Sanxenxo, no Rebel-Vilalonga. Relación de propietarios e de bens e dereitos afectados, elaborado por Rafael Vázquez Abal e Juan Lorenzo Ramírez o 4 de xullo de 2014.

Segundo. Someter a información pública o expediente polo prazo de quince (15) días, mediante a publicación do acordo de aprobación inicial no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP de Pontevedra), no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no taboleiro de anuncios do Concello de Sanxenxo, con notificación individualizada aos interesados no expediente indicando os seus bens e dereitos afectados.

Terceiro. Requirir aos interesados co fin de que presenten os títulos de propiedade dos seus bens e dereitos afectados.

Sanxenxo, 29 de xullo de 2014

Catalina González Bea
Alcaldesa